3/4/16

OBSERVACIÓNS DA 1ª COLLEITA

Durante a primeira colleita, no mes de xaneiro, algunhas das observacións que se fixeron, foron as seguintes:


        - En primeiro lugar, que as cenorias non acadaron o tamaño esperado.
        - En segundo lugar, que as leitugas presentaban uns buratos sospeitosos.




                        Que conclusións podemos sacar?

Pois ben, os nosos alumnos de 5º de primaria, investigaron estas dúas problemáticas, que fixeron que os cultivos non foran tan ben como esperabamos. Os alumnos chegaron á conclusión que as cenorias non acadaron o seu tamaño normal por falta de nutrintes na terra. E os buratos nas follas, claramente, débense aos caracois.

                       Que solucións haberá?

A solución á falta de nutrintes, está claro que será botarlle abono á terra.
A solución aos caracois é espantalos con métodos como o uso de borras de café na terra, rodeando cada cultivo, para que os caracois non se acheguen. 
Temos que probar nos cultivos que imos plantar no mes de abril, poñendo algunha planta sin as borras para facer unha comparación entre elas e vendo así si é efectivo ou non.


No hay comentarios:

Publicar un comentario