22/3/13

Lembrade que o sábado 23 de marzo podedes participar na hora do planeta apagando todas as luces dende as 20:30 ata as 21:30 
Xa falta pouco!

21/3/13


Hoxe, 21 de marzo, celebramos o día da árbore e da poesía. Os alumnos e alumnas do terceiro ciclo plantaron unha árbore xunto á horta do colexio e leron unha poesía adicada ás árbores.



Ben sabedes que a nosa mascota Rafa é moi inqueda, tanto está na Biblioteca como na horta.
Hai días que non vai sachar porque a terra non llo permite. Pero non vaiades pensar que nese tempo non fai nada.
Mirade como se está preparando para pór a horta, sempre de maneira  ecolóxica.
Xa ten os tomates nados. Se non o credes, mirade.

Recicla coma nós

Cantas cousas podemos facer para reciclar, aproveitando os refugallos que temos.

Os alumnos de terceiro fixeron un lapiceiro así:

13/3/13

Ovos de Pascua

Como sabedes, estamos no tempo de coresma.

Hai unha tradición entre nós que consiste en agasallar aos afillados con un ovo de pascua polo Día de Pascua. Aquí tedes unha idea, sobre todo pensando en reciclar.
Foi unha aposta da nosa xenial artista Violeta.