25/10/16

EXPOHORTA SACHA CON RAFA


Xa temos a exposición dos produtos cultivados na nosa horta durante o curso pasado.
Foi un longo percorrido pero, eso sí, levado con moita ilusión.




22/10/16

EXPOSICIÓN DOS PRODUTOS DA HORTA


Xa  chegou a hora de mostrar a todos os alumnos do colexio todos os produtos recollidos na nosa horta. Para elo, os profesores da comisión que leva a horta, estamos preparando a exposición para a semana que vén.
Xa temos as fichas didácticas de cada produto (as fotos son da nosa horta, agás a das cebolas e as cenorias):
Añadir leyenda
 





6/10/16

PLANTANDO ÁRBORES

Hoxe, día 7 de outubro, tivemos un acto moi emocionante no noso colexio. Celebramos a eucaristía de principio de curso, na que tamén quedou inaugurado o patio, que foi arreglado este verán. 
No acto de inauguración plantáronse dous magnolios. Un deles recibiu as derradeiras palas de terra por parte de dous alumnos de 1º de Educación Primaria, e o outro, das mans de dous alumnos de ESO.


29/9/16

CURSO 2016-2017. COMEZAMOS!



  Xa estamos no novo curso 2016-2017, temos moitas ideas e moitos proxectos para continuar este curso co traballo na horta.
  Estas imaxes mostran a nosa horta no inicio do curso. 

CABAZAS     E     BERENXENAS




patacas

tomates


PEMENTOS
CABAZAS
MILLO E 
MEMBRILLO


22/4/16

AS CABAZAS QUEREN MÁIS TERRA

Hoxe é o DÍA DA TERRA, 22 de abril, e os alumnos de 5 anos aproveitan para mover as cabazas para cacharriños máis grandes, con máis terra, porque as pobres xa non caben nas cápsulas de café, que foi donde foron sementadas.
 

DA AULA Á HORTA

Os alumnos de 4 anos xa teñen os brotes de leitugas preparados para levar á horta e hoxe, 22 de abril,  DIA DA TERRA, que mellor maneira de celebralo que plantándoos.


19/4/16

PRIMEIRAS PLANTACIÓNS NA HORTA


SEGUIMOS TRABALLANDO

Os pequenos do cole, os de tres anos, cando ven un bo día aproveitamos para saír á horta a revisar os nosos AMORODOS




Mentres, os maiores, siguen sachando, removendo, alisando... a terra,
para facer os primeiros trasplantes. 

XA TEMOS MÁIS BROTES

     Os primeiros brotes foron os das cebolas de 5º e 6º de Educación Primaria, pero as outras sementes tamén van asomando pouco a pouco á superficie.









Xa temos os brotes das LEITUGAS sementadas polos alumnos de 4 anos e 

os das CABAZAS de 5 anos e de 2º de EP.

13/4/16

ESTRENAMOS INVERNADOIRO

Xa temos o invernadoiro na parcela prevista para aloxalo.


Os alumnos de ESO axudaron nas tarefas de montaxe e acondicionamento da terra de dentro.

Nestas fotografías vemos aos alumnos de 2º de ESO axudando a levar terra na carretilla para poder alisar o terreno de dentro e poder plantar as plantas que nestas datas non se poden plantar todavía fora.








A MONTAXE DO INVERNADOIRO FOI MOI DIVERTIDA
Os alumnos de 3º de ESO adicaron un ratiño do seu tempo para axudar na montaxe do invernadoiro. Participaron todos os alumnos xa que todas as mans foron necesarias para suxeitar a estrutura, facer zanjas para enterrar a base, colocar o plástico...

RESULTADO FINAL



DE COMPRAS NO PROVEEDOR


 A estas alturas do mes de abril, xa vai sendo tempo de ir ao viveiro e mercar as distintas plantas que queremos poñer na nosa horta.


O que mercamos foi:


      Pementos de tres tipos: De Padrón, de Ourense e Morrón. Os dous primeiros son para plantar na horta e o pimento morrón hai que plantalo no invernadoiro.


               


Tamén mercamos tomates de tres variedades: KUMATO, CHERRY e NERO.

Mercando as TAJEAS


11/4/16

FORA PEDRAS!




       Os alumnos de 1º de ESO fixeron unha gran labor limpando a terra de pedras que saíron a superficie despois de removela. 

CEBOLAS

Estamos comezando a 3ª semana desde que semillamos e as cebolas xa medraron moito.


7/4/16

OS MAIS PEQUES DO COLE

        
     Os alumnos máis pequenos do colexio, os de 3 aniños, saíron á horta a facer as labores de limpeza e acondicionamento das plantas de amorodos.

             Traballaron moito quitando malas herbas e follas secas.

             Tamén tiveron que retirar algunha pedra. Ah! e regar, porque xa van              tres días que non chove e parece que a terra está un pouco seca.