11/12/13

Consumismo



A TODOS NOS GUSTA DECORAR, VERDADE?
PODÉMOLO FACER CUN  CUSTO 0 . CREDES QUE NON?
POIS SI, SÓ HAI QUE BOTAR A VOAR A IMAXINACIÓN, SENON MIRADE.
QUEN DIXO CONSUMISMO, COA QUE ESTÁ CAENDO...
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

4/12/13

Mes de decembro

Chegou o mes de decembro e comezamos co Adviento. E para ir preparando os decorados, ocorréusenos seguir empregando materiais de refugallo. Aquí tedes  ideas para facer una coroa para as velas.
 
Photobucket

20/11/13

Reciclaxe

Xa dixemos que cando vén o tempo das choivas a horta descansa mais a cabeza de Rafa segue a tecer.
Estes días recomendoume aproveitar materiais de refugallo para facer adornos e algún que outro xoguete ou cousas que sirvan para aproveitar na clase.
Seguindo o seu consello, mirade que cousas nos saíron.











12/11/13

Día do peón.

Imaxinade estar nun país sen recursos. Credes que os nenos nos saben xogar co peón? Non é ese o problema. Teñen que ser inxeniosos e facelos de produtos de reciclaxe  ou da natureza.
Nós debemos ser coidadosos co medio e reciclar e reutilizar  todo o que poidamos. Así o fixemos para decorar os peóns para o concurso deles. Estes foron algún resultados.
Decorado con fabas e algodón
 
Feito con pasta, la , paos
 
Imitando una cara con fabas, lentellas, algodón, macarróns...
 
Emprego de papeis, chatolas...

28/10/13

Samaín

Ola a todos.
Ben sabedes que a vindeira noite do día 31 ao día 1  se celebra a festividade pagá  do samaín.
 Os celtas celebraban a fin da época de colleitas e comezaba a estación escura. Isto ocorreu ata a chegada do cristianismo.
Un mestre de Cedeira recuperou esta tradición. Entre os costumes desta festa, está o de preparar una cabaza ao estilo dunha caliveira. Aquí vos deixo un enlace para ver o proceso. Poñédeo en práctica e veredes que satisfacción co resultado.

28/9/13

Benvidos

Ola a odos e benvidos ao novo curso.
Este ano, faremos moitas actividades que serán do voso agrado.
Polo de pronto xa estivemos sacando proveito do que plantamos na horta.
Collemos patacas, pementos, cebolas...
 
 

1/5/13

UNS OVOS CON MOITO PELO.

Os nenos/as de cinco anos, plantamos sementes nunhas macetas moi divertidas. Para que os nenos disfruten desta experiencia completa en pouco tempo, empregamos sementes de rápido crecemento (neste caso cebada, pero pódese facer con calquera outra).







 











O importante desta actividade é, ensinarlle aos pequenos que podemos reciclar as cáscaras dos ovos, empregándoas como pequenas macetiñas nas que sembrar sementes de plantas, tanto de flores como para a horta. A cáscara, aportará nutrintes as túas plantas, axudando no proceso de crecemento, e podemos  trasplantar directamente a maceta do ovo á terra.

Xa veredes como lle medra o pelo aos nosos ovos.
                                                       
                                                                 Agora, toca coidalos!!!!