23/12/12

Nadal

Iste é o noso abeto. Agora está adornado porque é Nadal, pero en xaneiro levarémolo á nosa horta para que siga medrando. Mirade que adornos máis bonitos lle fixemos.



Obradoiro de follas

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria fixeron un obradoiro de follas das nosas árbores, no que colleron distintos tipos de follas e analizaron a súa forma, cores, e a árbore á que pertence. Iste é o resultado:





20/12/12

Obradoiro de froitos de outono

No mes de novembro, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria fixeron un obradoiro para coñecer mellor os froitos do outono. Aprenderon de que árbore veñen, analizaron a súa forma e textura e o mellor de todo, probaron os diferentes sabores.





Magosto

Mirade o ben que o pasamos no magosto que fixemos no colexio. Asamos castañas, chourizos, iscos... e pasamos un día estupendo todos xuntos ao aire libre.

A horta no outono

Ola a todos.
Estou pensando que igual credes que no outono e no inverno non hai nada que facer no horto.
Estades equivocados. Teremos que preparar a terra para a primavera.
O primeiro que hai que facer e abonar e acolchar.
E como?  Pois moi sinxelo. Apañamos as follas das árbores e botámolas na terra. Descompóñense en abono orgánico e ao mesmo tempo non deixan saír as malas herbas.
Mans á obra.

Rafa vai á horta


Ola, son Rafa, a xirafa. Pensabades que estaba todo o día metido na biblioteca? Pois non, ademais dos libros, tamén me encanta a natureza, e iste curso penso traballar moito para axudar a coidar o medio ambiente. Xa sei que vos tamén o estades facendo, así que, se queredes, podemos facer moitas cousas xuntos.

Benvidos

Ola a todos.
Acabamos de crear o blogue para que poidamos escribir todo aquilo que faremos no futuro na nosa horta.
Esperamos que a participación sexa elevada.