Ola a todos.
Ben sabedes que a vindeira noite do día 31 ao día 1 se celebra a festividade pagá do samaín.
Os celtas celebraban a fin da época de colleitas e comezaba a estación escura. Isto ocorreu ata a chegada do cristianismo.
Un mestre de Cedeira recuperou esta tradición. Entre os costumes desta festa, está o de preparar una cabaza ao estilo dunha caliveira. Aquí vos deixo un enlace para ver o proceso. Poñédeo en práctica e veredes que satisfacción co resultado.