20/1/14

As mascotas de 6º

Na clase de 6º temos un acuario con catro peixes. Axúdannos a ser responsables, xa que, aínda que non precisan demasiados coidados, hai que estar pendentes deles todos os días. Ademais, cando hai vacacións, facemos quendas para levalos para a casa. É moi interesante observalos e, se temos sorte, pronto poderemos ver o ritual de apareamento dos peixes loitadores, que nos contaron que era moi curioso. Cando pase algo, xa volo contaremos.


15/1/14

Agasallos de Nadal

Para facer feliz a un neno, non é necesario que os Reis Magos gasten cartos.
Poden facer obradoiros con materiais de refugallo.

Semente de herba

 

Unhas medias rotas

Cortamos as medias e atamos un lado. Dámoslle a volta e enchemos de serrín.
Encima do serrín, colocamos a semente e atamos. Separamos una parte para marcar a cabeza e atamos.  Buscamos uns botón ou algún resto pola casa e pegamos uns ollos e algún elemento decorattivo. Aquí está o resultado.Hai que lembrar poñela en auga e dentro duns días veremos que pasa...