27/2/16

RESUMO DAS ACTIVIDADES NA HORTA


                Ola Voznatureiros!

               Este curso 2015-2016 arrancamos as actividades na horta con 5º de Educación Primaria, capitaneados pola súa profesora de ciencias naturais e ciencias sociais, Clara.


               Aproveitando a interdisciplinariedade existente entre ambas materias imos levar a cabo un proxecto que nos permita manter as dúas materias en contacto ao longo de todo o curso. Deste xeito comezamos plantando especies autóctonas da zona e adaptadas polo tanto ao clima propio da nosa vila. O punto de partida é a recollida de información sobre os cultivos mais apropiados, realizando enquisas a familiares e coñecidos relacionados coa agricultura.
               


              A finalidade é non só empregar a horta como un lugar para obter alimentos ecolóxicos e propios da zona, contribuíndo así á conservación da biodiversidade existente e evitando polo tanto a propagación de especies invasoras e foráneas, senón tamén empregar a horta como espazo de experimentación e investigación, desenvolvendo actitudes positivas nos estudantes cara ó traballo científico.

              Unha vez recollida a información ponse en común e decídese plantar leitugas, escarolas, cenorias, puerros, coles e remolacha.       
 
               Este ano decidíuse plantar en palés de madeira, así podrían servir como retentores da terra
e ao mesmo tempo a madeira aplastaría as malas herbas, impedindo que medrasen.

No mes de Novembro plantáronse cenorias, leitugas, escarolas, remolachas.
Recollemos e apilamos follas caidas das árbores do parque infantil, para poder abonar máis adiante.


Colocáronse molinillos de vento para espantar aos paxáros.

 Os alumnos cada semana mediron os cultivos para ir comprobando o ritmo ao que ían medrando.

Xa en xaneiro os cultivos foron recollidos polos alumnos, que os levaron as súas casas para saborealos, coa satisfacción de convidar a súa familia a xantar  unha ensalada de  leitugas e escarolas
plantadas e coidadas por eles.