28/2/17

SEGUIMOS SEMENTANDO NAS AULAS

Os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria sementaron nas súas aulas cabazas, para que cando chegue o Samaín podan ir á horta a recollelas e adornar as súas aulas.
Os de 3º e 4º sementaron bulbos de flores como jacintos, tulipanes, narcisos... para adornar a horta cos seus alegres cores.

Os alumnos de 5º e 6º plantaron "a cegas", non saben o que plantaron, téñenno que ir adiviñando a medida que as plantas van brotando. Os alumnos teñen que observar as follas, cheiralas, medilas...


1º Educación Primaria


2º Educación Primaria

3º e 4º de Educación Primaria

5º de Educación Primaria

6º de Educación Primaria










22/2/17

XA TEMOS CUBO DE LIXO



AVISO: Queda colocado o cubo do lixo para a compostaxe, na esquina da entrada ao Gabinete Psicopedagóxico.
Esta semana tócalle aos alumnos de 4º de Educación Primaria traer das súas casas o lixo que lles pedimos para levar ao composteiro.
Xa sabedes que non vale todo o orgánico. Fixádevos ben nos carteis que colocamos nas vosas aulas.



21/2/17

SEMENTANDO NAS AULAS

Antes de que remate o mes de febreiro, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, sementaron hoxe varias sementes que permanecerán na súa aula ata que broten e se podan transplantar á horta.

Nestas fotos vemos as sementes de cada un dos equipos de cada clase.
E máis abaixo, os rapaces e rapazas de 6º, poñendo as sementes na terra, para o que usamos botellas de plástico a modo de semilleiros, e desta maneira, reutilizámolos.

COMISIÓN HORTA

Un alto no camiño para presentarvos a nova comisión que se constituíu no noso colexio. 

É a COMISIÓN HORTA ESCOLAR, formada por varios profes que con moita ilusión coordinan todas as actividades que se van levando a cabo ao longo do ano. Estas persoas son:

Rosa López, Clara López, Loli Pradeda, Martín Álvarez e Malena Iglesias.



15/2/17

COMPOSTAXE

OLA AMIGUIÑOS DA HORTA:

Este ano comezamos a nosa andadura ao pé das aulas facendo campaña entre os alumnos de educación primaria e ESO para que, en colaboración, ir recheando o composteiro que temos instalado na horta. Para elo, fixemos uns turnos semanais para que os tres curso superiores de EP, 4º, 5º e 6º, vaian traendo materias orgánicas das súas casas.