20/1/14

As mascotas de 6º

Na clase de 6º temos un acuario con catro peixes. Axúdannos a ser responsables, xa que, aínda que non precisan demasiados coidados, hai que estar pendentes deles todos os días. Ademais, cando hai vacacións, facemos quendas para levalos para a casa. É moi interesante observalos e, se temos sorte, pronto poderemos ver o ritual de apareamento dos peixes loitadores, que nos contaron que era moi curioso. Cando pase algo, xa volo contaremos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario